
Os Ollos De Victorine E A Construcion Da Cuarta Parede
Gustavo Pernas Cora
Sinopsis
O irable do libro de Gustavo Pernas, ademais da suculenta análise que leva a cabo, nun excelente exercicio entre a crítica da cultura e a literatura comparada, radica en que tece o seu relato como se fose unha obra teatral. Dalgunha maneira, a súa envexable carreira como dramaturgo está detrás desta proposta de lectura da Modernidade. Un coro narrador, no que vai concitando aquelas voces máis sobranceiras da reflexión sobre a arte, desde Susan Sontag a Edgar Morin, desde Benjamin a Eugenio Trías, desde Gombrich a Duvergier... leva a cabo a representación sobre o pano de fondo deste Dèjeuner sur l’herbe do que tan pouco sabiamos. Quen son esas persoas?, a que se dedican?, e, máis concretamente, quen é ela?, por que me mira?. O coro, esa escura masa de voces que son sombras, vai facendo as súas preguntas, erguendo as súas incógnitas, contestando as que pode ou certificando os seus enigmas. E o relato flúe, como en Sófocles, á procura dunha anagnórise final, ese momento en que os protagonistas desvelan as súas sombras e asistimos á revelación, ese tecnicismo fotográfico que significa iluminación, proxección de luz sobre un negativo para positivalo. Unha revelación que é, neste caso, crítica da cultura, da arte, da historia.Animo, pois, ao lector a que se introduza no harmonioso labirinto destas páxinas para pro...
Ficha técnica
160
9788484870937
SANTIAGO DE COMPOSTELA