
Filosofia E Historia De La Filosofia (1º Bachillerato) (galicia)
VV.AA.
Sinopsis
Presentación«Unha viaxe de dúas mil leguas comeza co primeiro paso»Lao Tsé (século VI a. C.)Atende uns minutos, por favor: estámosche ofrecendo un texto de filosofía e cidadanía. Os nosos primeirospensadores gregos atribuían grande importancia non só á filosofía, senón tamén á educacióndos cidadáns e á súa participación activa na política. Probablemente, a publicación che impresione unpouco, pois o libro parece algo voluminoso e trátase dunha materia nova para ti. Pero non te inquietesdemasiado, pois o teu profesor ou profesora che axudará e, seguindo as súas instrucións, percorreráscon ánimo as sendas das ideas e do pensamento. Isto quizais sexa o máis elevado e nobre de canto ahumanidade concibiu. Sen embargo, o proxecto resultarache fácil, xa que case nada que valla a pena oé. Para facelo sinxelo e doado serve calquera, e ti sabes que ningunha persoa debe conformarse con ser«calquera». Pola contra, todo ser humano debe procurar ser el mesmo e, para iso, como podes supor, énecesario realizar algún que outro esforzo.Convidámosche, pois, a iniciar o itinerario da filosofía. Trátase dun camiño entretido e ameno, para oque resultará conveniente dispoñer dun tempero moral case tan elevado como o dos deportistas, queche permitirá acadar a liberdade e a responsabilidade. Imaxina aos ciclistas nunha carreira por etapas,como por exemplo, a volta a España. Xunto ás lánguidase plácidas chairas polas que o pelotón marcharáradiante e compracido, presentaranse tamén días agrios: vento, chuvia e outras inclemencias climáticas.Ás veces serán necesarias certas doses de coraxe e valentía para afrontar os temerarios descensose, noutras ocasións, haberá de enfrontarse a empinadas estradas, nas que o ánimo, asfixiado pola fatigae entumecido polo esforzo, reclamará alivio e empuxarao a reducir o ritmo. Mais o bo ciclista saberesistir, superar os malos momentos e continuar xubiloso cara á meta.Presentámosche, pois, as trece etapas do noso libro, cuxo denominador común é a filosofía e a educacióncidadá. Daraste conta de que no percorrido que trazamos vaise debuxando o desenvolvementodunha actividade reflexiva e crítica que, a partir das achegas das ciencias e doutras disciplinas, presentaante os teus ollos unha paisaxe acerca do que é o ser humano en todas as súas dimensións. Tras unprimeiro o coas propostas éticas da ensinanza obrigatoria, tamén unidas á idea de cidadanía,inicias agora unha aproximación sistemática á filosofía e ao desenvolvemento da cidadanía ao longoda historia. O estudo das dúas grandes dimensións da racionalidade—a súa vertente teórica e a súavertente práctica— deixa paso á consideración dos problemas e preguntas fundamentais que formuloua filosofía ao longo da súa historia. Observarás que todo o libro está impregnado desa razón prácticafilosófica, con redobrados contidos éticos e políticos. A través de todos eles, vaise forxando a idea desacidadanía crítica, libre, tolerante, solidaria, activa e democrática.Ao contrario que os ciclistas da nosa carreira, non estarás obrigado a percorrer todas as etapas, xaque o profesor ou profesora deseñará a ruta máis idónea para ti, seleccionarás os contidos máis axeitadosou que máis che interesen e subministrarache os avituallamentos necesarios. Pero, claro está,ti tamén terás que esforzarte. Nin o teu profesor ou profesora nin nós podemos pedalear por ti, poloque, en último termo, o verdadeiro traballo correrá da túa conta. Adiante, polo tanto! Animámosche afacer acopio de espírito deportivo, fincarte nos pedais e esforzarte con optimismo.E, se xorden dificultades e se che insinúa a tentación de desfalecer, eleva a vista e renova o ánimo,pois mirando cara ao alto descubrirás que a próxima chegada se atopa ao alcance da túa man.Os autores
Ficha técnica
320
9788448169978
ES
989 gr