Una cuidada selección de poemas con la que el autor va impregnando el lienzo de su existencia literaria esbozando los trazos que han amrcado su estela como uno de los renovadores estéticos más influyentes de la poesía gallega actual
Xavier Seoane
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro Luzes de Galiza e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca Don do horizonte (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios Dársenas do ocaso (2002), Vagar de amor e sombra (2004), Para unha luz ausente (2006), Do ventre da cóbrega (2008), Raíz e soño (2009) e Espiral de sombras (2013). No ensaio artístico, editou Identidade e convulsión (1990), !Reto ou rendición (1994), e libros, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, Atravesar o espello (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; O sol de Homero (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; Saudar a vida(Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e Todos somos Ulises (Xerais, 2016). Na narrativa, publicou as novelas Ábrelle a porta ao mar (2000), Filiberto e Sofonisba (2010) e A Dama da noite (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, Irispaxaros (1984), A rocha imantada (2011) e coordinou o libro " Os aforismos do riso futurista " (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
Ver ficha de Xavier Seoane »