Premio García Barros 2005. Unha novela na que a historia europea do século XX, serve ao seu autor para facer unha crítica irónica da violencia e da guerra.
Un rexistro paródico e desmitificador é o pano de fondo que lle serve a Jaureguizar para contar unha historia de amor entre un enxeñeiro alemán e unha muller galega, que en plena década de 1930, actúa nun cabaré da vila luguesa de Ribadeo.
A historia entre Wlhelm Kurtz e Nuria atravesa o século XX. Comeza nos anos 30 en Ribadeo no Cabaret Voltaire, local no que ela baila lucindo unha cola de serea nun gran tanque de auga. Acaban fuxindo a Berlín, onde el se deixará arrastrar pola crecente marea nazi. Setenta anos despois, regresan a Ribadeo.
Sen prescindir do sentido do humor e da narración axil e precisa, a novela logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barbarie e os abusos do poder.
Jaureguizar
Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: Fridon spik (Xerais 1995, 2003), narracións breves; Comendo espaguetis diante da televisión (Xerais 1998), novela; As horas sucias (Xerais 2001), novela; Breve crónica universal da clase obreira (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, Casa Skylab (Premio Xerais 2003), novela, Cabaret Voltaire (Premio Manuel García Barros 2005), novela O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e Placebo (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís Todo a cen (1995), A rutina corsaria (Xerais 1998), Salitre (Xerais 1999), ¡Balea morta ou lancha a pique! (Xerais 2002), A cova das vacas mortas (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, Plastilina nos pulmóns (2007), O contador de estrelas (2009), Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo (Xerais, 2013) e Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (Xerais 2010), A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo (Xerais 2012), O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo (Xerais 2014) e " A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense " (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
Ver ficha de Jaureguizar »